sábado, 1 de febrero de 2014

Proxecto Flat Stanley

Este ano dende o Departamento de Linguas levaremos a cabo o PROXECTO STANLEY. 
Os alumnos de Educación Primaria traballarán en clase e lerán o libro Flat Stanley de Jeff Brown en lingua inglesa. Este boneco viaxeiro chegará ás vosas casas para que o enviedes por correo a algún amigo ou familiar. 
Según o lugar a onde viaxe Stanley o alumno adxuntará unha carta (feita en clase) en inglés, francés, galego ou castelán, onde se pide ao destinatario que mande unha contestación devolvendo ao boneco Stanley, pero cunha foto do lugar que visitou e con alguna postal, agasallo, mapa, xornal… 
As respostas teñen que levalas ao colexio antes do 28 de marzo. O 23 de abril, día do libro, faremos unha exposición das viaxes por todo o mundo do noso amigo viaxeiro Flat Stanley. 
Se queredes coñecer máis sobre Stanley non tedes máis que escribir o seu nome nun buscador, xa que é coñecido en todo o mundo e incluso sae na Wikipedia. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario